martes, 7 de mayo de 2013

RECICLANDO

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron unha serie de actividades relacionadas cos RESIDUOS que se xeran nos nosos fogares cando imos á compra e os diferentes colectores que hai nas proximidades dos domicilios do alumnado.
A primeira actividade chámase "Revisando o barrio" e consiste en realizar un esquema das rúas que hai en torno ás súas casas e situar no plano cada un dos elementos relacionados cos residuos que atopen.
A segunda actividade chámase "Consumimos residuos"; para realizar esta actividade os alumnos teñen que acompañar aos seus pais a facer a compra. Ao chegar á casa e sacar as cousas das bolsas teñen que anotar os residuos xerados ao chegar á casa e outros residuos que se xerarán no momento do seu consumo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario